116| O corpo e as malas lecturas

Emisión DIARIO CULTURAL 14/01/2008

Ía pensar na nación desde o xénero, e nestas o corpo e as súas malas lecturas enxurraron a actualidade.

Logo dos titulares desta semana teño para min que andamos con problemas de memoria, porque vemos os corpos torturados de Guantánamo, seis anos desposuídos de calquera condición humana, como se os campos de concentración do século XX en Europa e América fosen un invento da literatura fantástica. E vemos os corpos criminalizados das mulleres que, por abortaren, reciben citacións xudiciais provocadas pola kale-borroka das bandas neocon, que se cren autorizadas a invadir impunemente o corpo das mulleres, e resulta inevitábel pensar que as fotos das manifestacións feministas de hai tres décadas poderían ser de hoxe. E vemos a fotografía do corpo nu de Simone de Beauvoir publicada por Le Nouvel Observateur, unha foto na que o único escandaloso é o titular: “Simone de Beauvoir la Scandaleuse”. O asunto pide demora.

Os xornais encheron o papo con ese titular e a foto descoñecida da Beauvoir, especialmente aqueles que confunden a sección de cultura cun espazo publicitario de institucións, fundacións e frivolidades varias e entenden mellor o titular de Beauvoir núa có da tradución dun libro seu ao galego. Ou aqueloutras cabeceiras conservadoras que viron neste corpo a ocasión para desmotivar os feminismos. O verdadeiro cerne da cuestión nin é a foto nin o corpo de Beauvoir senón os datos novos da súa vida. É momento para revisar o seu pensamento e as súas contradiccións. A revisión é unha estratexia para non perdermos memoria cun pé no noso presente. E que haxa contradiccións entre vida e obra non é cousa do outro mundo. Sei de moitas boas obras ás que é mellor non coñecerlles nunca o autor. O problema témolo nós porque nos entran en contradicción os relatos biográficos, eses que tendemos a ler con orelleiras como catecismos, haxiografías ou anatemas.

Cos titulares antes citados fabricamos os corpos proscritos e monstruosos de hoxe e validamos a lóxica normativa: o monstruo terrorista, a monstrua que decide a súa reproducción e a monstrua bisexual e feminista. Igual que na modernidade co seu inventario longo de femmes-fatale e corpos monstruosos. Porque monstruosas eran aquelas mulleres fermosas e impracticábeis que representaban a República ou a Liberdade cun peito ao descuberto, e toda esa longa colección de iconas en corpo feminino que desde Marianne veñen representando a nación. Metáforas fermosas ou deleznables que producen mulleres con xustillo, divididas entre a voluptuosidade da desexada e o respecto á nai-orixe. Todo un aviso contra as malas lecturas, esas que trivializan os textos reducíndoos a catecismos e dilúen os corpos no amarelo sensacionalista.

Boa semana e boas lecturas, nos textos e nos corpos.

Advertisements

One response to “116| O corpo e as malas lecturas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: