189| Galeguismo cordial. Comentario de texto

Emisión DIARIO CULTURAL 29/06/2009

Leo o discurso pronunciado polo Presidente Feijoo na entrega das Medallas Castelao 2009. Como o ton político nesta xeira é o da aberta cordialidade non se me terá a mal o comentario do discurso. Para empezar aconséllase ao gabinete presidencial un repasiño aos discursos institucionais para que se axusten ás normas oficiais do idioma, porque no das Medallas Castelao, publicado na web do goberno galego, hai unha boa presada de erros lingüísticos (emprego incorrecto de pronomes, verbos, acentos, castelanismos…) que cómpre evitar en calquera uso do idioma, sobre todo se é tan formal coma este. Agardo que a calidade de lingua do presidente ha mellorar no futuro porque a estas alturas aínda queda entre o persoal de San Caetano unha boa presada de funcionarias e funcionarios que pasaron a proba de lingua galega e, daquela, poden darlle un repasiño aos textos presidenciais. E de camiño que se revisa a morfoloxía e a sintaxe ben podían eliminar os restos de sexismo lingüístico; son poucos, pero algún quedou. Confío en que a calidade de lingua da primeira institución galega ha mellorar porque peor o tiña o Presidente da Generalitat, Montilla, que nin era catalán-falante nin tiña moi claro o do sexismo lingüístico e agora fala e publica os discursos cunha corrección á altura do cargo que desempeña.

No discurso cítase a Gandhi, a Luther King e a Mandela como modelos de superación de conflito, e non sei se acertou coa hipérbole, porque se lle hai que poñer cara a un hipotético ku klux clan do galego… Logo dáse unha reviravolta para evitar as espiñas de Castelao. Agora que se conseguira evitar pronunciar en público Premios Nacionais, resulta que vai e bate co de Sempre en Galiza. E como fai para non lle entrar ao rego ao de Rianxo?, pois citando a Fernández Flórez cando afirmou que Castelao era o Gandhi galego. Iso si, colleuse a cita con pinzas para zafar o resto do episodio, que remata coa defensa explícita por parte de Castelao da lingua galega.

Como ben saben, nese discurso o Presidente Feijoo defendeu o galeguismo cordial, explicado como sinónimo de galeguismo harmónico, e digo eu se non sería un lapsus, porque aténdose á descrición dos feitos, máis ben habería que falar de españolismo cordial. A verdade é que esta tempada ándolles tan perdida que me cómpre con urxencia un novo dicionario, porque xa non sei o que se quere dicir cando se di liberdade, bilingüismo amable, galeguismo cordial ou patriotismo (o de patriotismo empregouno Feijoo no seu discurso, e non lles sei dicir se o empregaba seguindo a Rosalía na “Estranxeira na súa patria” ou como eufemismo conservador do termo nación).

A fotógrafa portuguesa Joana Pimentel titulou un dos seus traballos O que se lê, ela não lê. Pois iso me debe pasar, que o que leo nos discursos e nas novas dos xornais eu non o leo, quero dicir, eu non o entendo. Boa semana e boas lecturas.

Advertisements

9 responses to “189| Galeguismo cordial. Comentario de texto

  • Pepe

    Parabéns á equipa do Diario cultural e parabéns para ti, Helena. É moito o que aprendemos e moi bons momentos os que nos proporcionastes. Anímate e continúa desde este blog que, de seguro, tes moito que contar e moitas persoas á espera para te escoitar.

  • Alberto Álvarez Lugrís

    Helena: Parabéns e solidariedade.
    Espero que isto rebente pronto, polo ben de todos. Estamos volvendo á radio (e á tele) do encefalograma plano. A censura e as tesoiras que está aplicando este goberno había moitos anos que non se coñecían.

    Unha aperta moi forte dende Vigo!!

  • Helena González

    Ola, Pepe e Alberto. Grazas polos comentarios. O que importa é seguir pensando en voz alta, e falando, e que os programas ben feitos, as plataformas que falan da cultura e da realidade con compromiso e ansia de presente sigan aí. Desde logo vou seguir, polo de agora no blog. Saúdos nas dúas direccións, cara ao Pepe e cara ao Alberto.

  • Luis Bará

    Ola Helena,
    outra tropelía dos tecnócratas que seica non tiñan ideoloxía. Isto danos azos para seguir na loita, con máis forza, pola democracia, polo pluralismo, pola cultura galega, especies cada vez máis ameazadas en Galiza.
    Unha aperta pontevedresa para unha viguesa,
    Luis.

  • Importante recurte ao Diario Cultural « GALICIAN RIGHTS WATCH

    […] máis emblemático. Segundo nos conta Vieiros ou mesmo dúas implicadas no caso, Déborah Campos e Helena González, a nova dirección da RG decidiu prescindir da sección de opinión deste espazo por “motivos […]

  • Helena González

    Luís, GRW, grazas… e seguimos.

  • Jose Carlos

    Helena

    Brilhante seu comentário sobre o “galeguismo cordial”. Me faz recordar o “bom selvagem” aqui do Brasil que abaixo de chibatas e prisões era dócil e amável com o seu “senhor”.

    Pelo que vejo as chibatas na Galiza chegam hoje em outras formas e formatos, mas ferem e sangram como as de sempre.
    Mas a reação sempre vem!

    Desejo que continue com suas análises, críticas e pensamentos, são sempre bem-vindos e inteligentes. (com ou sem rádio)

    “Unha aperta moi forte dende Brasil”

    ZeCarlos
    Campinas SP

  • Jose Carlos

    Helena
    Sem dúvida. Essa classificação de “bons selvagens” criou no brasileiro um sentimento que chamo de “comportamento vira-latas” (aquele cãozinho de rua, sem raça definida), que faz o povo “amável”, mas traz também a imobilidade e a aceitação de tudo.
    A Galiza precisa reagir!
    Abraço

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: